Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
San Salvador.
San Salvador é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente descendente en dirección leste. Linda con Liñares ao norte.
Hai unha ermida adicada a San Salvador, na que se celebra a festa do Santo o día 6 de agosto.
Demografía
Tiña 9 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 6 eran mulleres. No 2009 tiña 13 persoas: 5 homes e 8 mulleres.
Núcleo non tradicional disperso de vivendas vinculadas a estrada A Baña - Carballeira.
Catalogáronse 5 hórreos nesta aldea.
Os cultivos presentes son pequenas hortas, froiteiras, vides nas zonas máis próximas ás vivendas e pastos, milleirais, eucaliptos e piñeiros nas máis afastadas.
Servizo
|
Tipo
|
Abastecemento auga
|
Fonte
|
Saneamento
|
Pozo negro
|
Electricidade
|
Si
|
Iluminación pública
|
Si
|
Telefonía
|
Si
|
Recollida lixo
|
Si
|
Transporte
|
Escolar
|
Lugares e parroquias
Lugares da Baña
Parroquias da Baña
- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).