San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).
Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980, de xeito que os lugares do Couto, O Ivedo, Pousada de Abaixo, San Miguel e Soutelo se incorporaron a Santa Tegra de Abeleda, e os de Santiurxo, A Tapada e Valverde fixérono a Castro Caldelas.[2]
A igrexa parroquial de San Paio conserva unha portada con arco oxival apuntado sobre columnas acobadadas nas xambas. Decórase con relevos aos lados baixo doseletes, posiblemente de finais do século XIV.
Próximo á igrexa atópase o Mosteiro de San Paio de Abeleda, un dos principais da provincia ata o seu abandono trala desamortización. Na actualidade atópase en situación de abandono e ruína. A pesar de todo aínda pódese contemplar a ampla igrexa, cunha ábsida oxival.
O Couto | O Ivedo | Pousada de Abaixo | San Miguel | Santiurxo | Soutelo | A Tapada | Valverde
Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)