San Martiño de Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.
A igrexa parroquial data de 1788. Foi mandada edificar polo arcebispo de Santiago Bartolomé de Raxoi. Ten planta rectangular e dentro ten algunhas obras neoclásicas. No frontón hai unha representación de San Martiño, na cal dacabalo comparte a súa capa cun mendigo.
Outras obras importantes son a capela do Bo Xesús e o Pazo de Fraián.
Barreiro | O Batán | Cardeita | O Chao da Aldea | O Chao | A Costa | A Lousada | As Modias | O Piñeiro | O Pudrical | O Rego | Sobre da Riba | A Torre | O Val | O Vinteún
Cabanas (Santo André) | Irís (Santo Estevo) | Laraxe (San Mamede) | Regoela (San Vicente) | San Martiño de Porto (San Martiño) | Santa Cruz do Salto (Santa Cruz) | Soaserra (Santa Olaia)