Samantha Cristoforetti, nada o 26 de abril de 1977 en Milán, é unha astronauta italiana da Axencia Espacial Europea, piloto da Forza Aérea de Italia e enxeñeira.
Traxectoria
Cristoforetti naceu en Milán en 1977. Pasou a súa infancia en Malè, no Val di Sole, na provicia de Trento. Cando tiña 18 anos, participoi nun programa AFS de intercambio dos Estados Unidos e no USA space camp.[1]
Ostentou o récord de permanencia ininterrompido dun voo espacial dunha astronauta europea (199 días, 16 horas), e ata xuño de 2017 retivo a marca ata que foi superada por Peggy Whitson.[2][3] É ademais a primeira italiana en viaxar ao espazo. Samantha Cristoforetti foi a primeira persoa en facerse café expreso no espazo.[4]
Notas