María Salomé Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 29 de outubro de 1947, é unha profesora e política galega.
Traxectoria
Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, é Catedrática de Lingua Española e profesora no IES A Xunqueira de Pontevedra. Foi concelleira do BNG en Pontevedra dende 1991, foi responsable de Educación e da área de Muller. Foi elixida parlamentaria pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1997. Volveu ser elixida parlamentaria nas autonómicas de 2001. En 2001 asumiu o posto da vicepresidencia segunda da mesa do Parlamento.[1]
Vida persoal
Está casada con Afonso Ribas Fraga, co que ten catro fillos: Pedro, Alberto, Alfonso e Pablo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía