Sadio Mané, nado o 10 de abril de 1992 en Sédhiou, é un futbolista senegalés. Xoga de dianteiro ou extremo e o seu actual club é o Bayern de Múnic, da Bundesliga alemá. É internacional coa selección do Senegal, da que é o máximo goleador histórico (33 tantos) e o terceiro futbolista con máis partidos (91).
Traxectoria
Mané debutou como futbolista profesional o 14 de xaneiro de 2012 no FC Metz, nun partido da Ligue 2 francesa contra o SC Bastia.[1]
O 31 de agosto de 2012 fichou polo FC Red Bull Salzburg austríaco a cambio de 4 millóns de euros.[2]
O 1 de setembro de 2014 fichou polo Southampton FC da Premier League inglesa a cambio de 11.8 millóns de libras, asinando co equipo inglés un contrato por catro anos.[3]
O 28 de xuño de 2016, o Liverpool FC da Premier League inglesa fixo oficial a fichaxe de Mané a cambio de 34 millóns de libras, e asinou cos Reds un contrato de catro anos.[4] O 22 de novembro de 2018, Mané e o Liverpool chegaron a un acordo para a ampliación do seu contrato.[5]
Palmarés
Red Bull Salzburg
Liverpool
Senegal
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas