SC Bern

SC Bern
Fundación1921
Cidade Berna,
Cantón de Berna
Suíza Suíza
EstadioPostFinance-Arena
(17.131 espectadores)
LigaNational League A
Campionatos14 Ligas
DirectorSuíza Sven Leuenberger
AdestradorFinlandia Antti Törmänen
CoresVermello, amarelo e negro
                 
Na rede
https://www.scb.ch/

O Schlittschuh Club Bern é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Berna, no cantón homónimo (Suíza). O club tivo a media de asistencia máis alta de Europa durante a tempada 2010-11, cunha media de 15.856 espectadores.[1]

Mantén históricas rivalidades con HC Fribourg-Gottéron, EHC Biel, e SCL Tigers.

Historia

SC Bern fronte a SCL Tigers nun partido ao aire libre o 14 de xaneiro do 2007.

A sección de hóckey sobre xeo do Bern Sports Club, que foi fundada o 3 de novembro de 1930, comezou oficialmente a xogar o 1 de xaneiro de 1931.

Actualmente, o SC Bernt é un equipo moi popular e rexistra grandes entradas no seu estadio, o PostFinance Arena, un dos estadios de hóckey sobre xeo máis grandes de Europa. No 2006 bateu un novo récord de asistencia media a nivel de clubs europeos, cunha media de 15.994 espectadores en 22 partidos como local.[2] Proclamouse campión da liga suíza en 12 ocasións, coa súa vitoria máis lembrada en 1989 sobre o HC Lugano.

Durante o lockout da NHL na tempada 2004-05, Daniel Brière, Dany Heatley, J. P. Dumont, Marc Savard, Henrik Tallinder, e Chris Clark xogaron co SC Bern.

Logo do fracaso nos play-offs do 2006, o club substituíu o seu primeiro adestrador Alpo Suhonen por John van Boxmeer e o seu director xeral Roberto Triulzi por Sven Leuenberger.[3] Leuenberger xogara anteriormente 13 tempadas defendendo a camiseta do club, anotando un total de 67 goles, 145 asistencias, e catro títulos nacionais. O número 16 da súa camiseta é un dos dorsais retirados polo SC Bern.

O 30 de setembro do 2008, o SC Bern disputou unha serie de partidos amigables contra os New York Rangers da National Hockey League con motivo dos 100 anos de hóckey sobre xeo en Suíza. 49 anos dende a última visita dos Rangers a Suíza, derrotaron ao equipo local por 8-1. A pesar dos resultados, o SC Bern xogou un partido igualado cun marcador de 2-0 ao final da segunda parte. O ex xogador dos Phoenix Coyotes nado no Canadá, o defensa Travis Roche marcou o gol do SC Bern a principios do terceiro período.

Palmarés

  • 12 National League A: 1959, 1965, 1974, 1975, 1977, 1979, 1989, 1991, 1992, 1997, 2004, 2010
  • 10 Europacup: 1965, 1974, 1975, 1977, 1979, 1989, 1991, 1992, 1996, 1997

Notas

  1. (Europe) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en www.hockeyarenas.net
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2006. Consultado o 16 de decembro de 2011. 
  3. Bear season over in Switzerland Arquivado 06 de abril de 2012 en Wayback Machine. en www.iihf.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!