SAGE Publishing é unha empresa editorial independente fundada en 1965 en Nova York por Sara Miller McCune e agora con sede en California. Publica máis de 1 000 revistas e máis de 800 libros cada ano,[1] así como traballos de referencia e produtos electrónicos en áreas como o negocio, humanidades, ciencias sociais, ciencia, tecnoloxía e medicina. SAGE tamén posúe e publica baixo Corwin Press[2] (dende 1990), CQ Press[3] (dende 2008), Learning Matters[4] (dende 2011), e Adam Matthew Digital (dende 2012).[5] Conta con máis de 1 500 empregados nas súas oficinas principais dos Ánxeles, Londres, Nova Deli, Singapur, Washington DC e Melbourne.