Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Ferreira.
O río Ferreira é un afluente do Miño pola súa marxe dereita. Recibe seu nome do lugar de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín, onde desde época medieval se asentou un mosteiro.
Percorrido
Nace na Serra do Careón, a uns 750 m de altura, no concello de Palas de Rei, e despois de atravesar este, penetra no de Guntín, para finalmente, despois de cerca de 38 km de curso, unirse ao Miño, no límite entre entre os concellos de Guntín e Portomarín (aos que serve de linde natural durante bos tramos).
Como a meirande parte dos ríos galegos acolle nas súas augas a troita. Todo o seu curso é zona libre de pesca ata que en 2008 vedaron varios quilómetros no concello de Guntín.
A superficie da súa conca é de 383 km².
Réxime hídrico
O Ferreira é un río de réxime pluvial.
Afluentes
A maior parte dos seus tributarios son ríos e regos de curto percorrido, destacando:
Homonimia
Hai outros ríos e regos galegos, denominados tamén de Ferreira, aínda que teñen entidade menor.