Iniciouse no mundo da fotografía da man do seu pai, Alfred Theodore Anderson, un home de orixe norueguesa quen tiña un estudio en Kearney especializado en vistas e retratos. Pasou un ano na Universidade Estatal de Nebraska en Lincoln, e despois estudou Maxisterio na Escola Estatal do Profesorado de Nebraska, e malia que se graduou en 1915 nunca se adicou ao ensino. Retomou os estudos na Universidade de Nebraska durante un semestre, e despois marchou a Nova York, diplomándose en 1919 na Escola de Fotografía Clarence H. White.
En 1921, cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada por The Hispanic Society of America, recomendada pola propia Clarence White. Alí estivo baixo a supervisión do director, Archer Milton Huntington, actualizando as súas técnicas como fotógrafa e investigadora. Comezou como fotógrafa do museo, e en 1922 foi nomeada conservadora de fotografía.
Logo desta última viaxe centrou a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema. Realizou outra derradeira viaxe entre 1948 e 1949, centrándose neste eido. En 1954 foi nomeada conservadora de traxes da Hispanic Society, cargo que ocupou até a súa xubilación.
Aínda que faleceu en 1983 en Nova York, foi enterrada no cemiterio de Kearney, preto da súa localidade natal[1]. No Museum of Nebraska Art (MONA), nesta última cidade citada, non ten ningunha obra que a represente.
Estadía en Galicia
Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, e mercou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotos. As imaxes adoitan recoller o ámbito rural e os oficios tradicionais[2]. Estivo acompañada polo seu pai, que foi escribindo un diario. Ían cun coche Ford de alugueiro cun chofer francés. Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.[3]
Exposicións
En agosto de 2019, a exposición “Una mirada de antaño. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia" mostrouse na Coruña e en mais de 35 municipios de Galicia. Nun estudo de María Jesús Pena Castro (2020) sobre a representación do pasado de Anderson e a cultura popular contemporánea nos medios dixitais, fixo referencia «a excepcional colección de imaxes sacadas nos anos 20 por diferentes paraxes de Galicia, retratando as nosas xentes, costumes e tradicións, un legado etnogáfico de valor incalculable».[4] Ademais, foi unha das exposicións mais exitosas organizadas na cidade, ata o punto de que houbo que multiplicar por catro o número inicial de visitas guiadas programadas.
Entre agosto e outubro de 2022, o Museo de Pontevedra acolleu unha exposición temporal duns 75 traxes e artesanías tradicionais, inspirados en mais de 150 fotos de Anderson. Tras cinco anos de investigación por parte da Asociación Etnográfica de Pontevedra, esta exposición presentou unha selección de traxes tradicionais montados en manequíns e outros elementos da vida cotián da súa colección histórica así coma reconstruídos con detalle histórico. Con case 100 anos de antigüidade, as imaxes de Anderson e as escenas recreadas da vida rural mostraban, entre outras, leiteiras reunidas na Rúa Nova ao abrente, mulleres levando cántaras de cerámica ao mercado, artesans vendendo zocas de madeira e persoas con chuvasqueiros tradicionales feitos con xuncos. Publicouse un catálogo adxunto, con todas as fotografías de Anderson, así como os traxes mostradas nesta exposición.[5]
Tamén fixéronse outras exposición das súas fotografías en Asturias e Estremadura.
No Museo Etnográfico de Castilla e León, en Zamora, inagurouse en outubro de 2022 a exposición temporal, En el Viejo Mundo. Zamora, 1926. La expedición fotográfica de Ruth M. Anderson a Zamora .
Obra
Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña. Nova York, The Hispanic Society of America (1939).
Spanish Costume: Extremadura. Nova York, The Hispanic Society of America (1951).
Costumes Painted by Sorolla in his Provinces of Spain. Nova York, The Hispanic Society of America (1957).
Fotografías de Galicia 1924-1926. A Coruña, Centro Galego de Artes da Imaxe - The Hispanic Society of America (1998).
Salamanca, 1928-1930. Fotografías de Ruth M. Anderson. Salamanca, Deputación de Salamanca. Textos de Patrick Lenaghan (2002).
Notas
↑ 1,01,11,2"Ruth Matilda Anderson". Museum of Nebraska Art(en inglés). Consultado o 28-12-2019. Ruth Matilda Anderson died on May 20, 1983 in New York City, and is buried in the Kearney Cemetery in Kearney, Nebraska.
↑Anderson, Ruth Matilda; Espinosa Fernández, Noemí (2018). Hallazgo de lo ignorado: fotografías de Asturias de Ruth M. Anderson para The Hispanic Society of America, 1925. Oviedo: KRK. ISBN978-84-8367-610-3.
Lenaghan , P. (2004): En tierras de Extremadura: las fotos de Ruth Matilda Anderson para la Hispanic Society. Nova York e Badaxoz, The Hispanic Society of America e Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea.
Ortiz García, C. (2007): "Raíces hispánicas y culturas americanas. Folkloristas de Norteamérica en el Centro de Estudios Históricos", en Revista de Indias vol. LXVII, núm. 239, páxs. 125-162.
Rodríguez Álvarez, José Luis; Quiñones Vázquez, David; et al. (2022). Ruth Matilda Anderson, unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia. (catálogo da exposición). Pontevedra: Museo de Pontevedra, The Hispanic Society of America. ISBN978-84-124105-8-7.