Rupia de Mauricio |
Mauritian rupee (inglés)
Roupie mauricienne (francés)
Roupi morisyen (crioulo mauriciano) |
|
Código: | MUR |
Ámbito: | Mauricio |
Símbolo: | ₨[1] ou Mau ₨ |
Fracción: | 100 (cents) |
Moedas: | 1, 5, 10 e 20 ₨ |
Billetes: | 25, 50, 100, 200, 500, 1000, 2000 ₨ |
Emisor: | Banco de Mauricio |
Taxa de troco: 03-09-2011 | 1 EUR = 39,7859 MUR
1 USD = 27,9995 MUR |
Troco actual |
A rupia de Mauricio (en inglés Mauritian rupee, en francés roupie mauricienne, e en crioulo mauriciano roupi morisyen) é a moeda oficial de Mauricio. O seu código ISO é MUR e adoita abreviarse como Rs, o Mau Rs para diferenciala doutros tipos de rupia. Cada rupia divídese en 100 céntimos (cents / centimes / santim), fracción que actualmente xa non circula.
Historia
A rupia foi instaurada por lei en 1876 como moeda local de Mauricio. A rupio foi elixida a causa da masiva circulación de rupias indias que comportou a inmigración de cidadáns indios a Mauricio. A moeda foi adoptada en 1877 en substitución da rupia india, a libra esterlina e o dólar de Mauricio, moedes anteriormente en circulación na illa. Ao troco, a rupia de Mauricio equivalía á rupia india e valía medio dólar de Mauricio, mentres que a libra se canviaba a 10 1⁄4 rupias.
Contra o ano 1934, a rupia de Mauricio tiña un troco fixo respecto á rupia india, mais a diferenza desta, a moeda de Mauricio xa era unha moeda decimal dende o principio. A rupia de Mauricio tamén circulou en Seychelles ata 1914, ano no que foi substituída pola rupia das Seychelles en termos de paridade (1=1).
Moedas
As primeiras moedas actualmente en circulación foron cuñadas en 1987, esta serie comprendía os valores de 1, 5 e 20 cents ademais de 1/2, 1 e 5 Rupias, estas moedas foron substituíndo progresivamente á anterior serie emitida co busto de Isabel II. Nas emisións máis recentes, as moedas de 1 cent deixaron cuñarse e introducíronse novos valores de 10 e 20 rupias nos anos 1997 e 2007 respectivamente.
Denominación
|
Circula dende
|
Forma
|
Metal
|
Diámetro
|
Canto
|
Deseño no anverso
|
Deseño no reverso
|
Anel
|
Centro
|
1 Cent
|
1987
|
Circular
|
Cobre
|
-
|
-
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
5 Cent
|
1987
|
Circular
|
Cobre
|
-
|
-
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
20 Cents
|
1987
|
Circular
|
Níquel
|
-
|
-
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
1/2 Rupia
|
1987
|
Circular
|
Níquel
|
25 mm
|
Estriado
|
Sir Seewoosagur R.
|
Escudo e facial
|
1 Rupia
|
1987
|
Circular
|
Níquel
|
27 mm
|
Estriado
|
Sir Seewoosagur R.
|
Escudo e facial
|
5 Rupias
|
1987
|
Circular
|
Níquel
|
31 mm
|
-
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
10 Rupias
|
1997
|
Heptagonal
|
Níquel
|
28 mm
|
Liso
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
20 Rupias
|
2007
|
Circular
|
Latón
|
Níquel
|
28 mm
|
Estriado
|
Sir Seewoosagur R.
|
Valor facial
|
As moedas de 20 Rupias do 2007, son o último facial emitido polo Banco de Mauricio, a moeda é bimetálica.
Billetes
Actualmente hai en circulación billetes de 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 2.000 rupias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas