Rubén David Morodo Ruiz |
|
Nacemento | 1 de decembro de 1979 (45 anos) Madrid, España |
---|
|
Ocupación | cantante |
---|
Período de actividade | 1993 - |
---|
Xénero artístico | Reggae |
---|
Instrumento | Voz |
---|
|
|
Rubén David Morodo Ruíz, artisticamente coñecido como Morodo, nado o 1 de decembro de 1979, é un mc madrileño. O seu estilo e o ragga, con influencias do hip hop e en boa parte do reggae.
Biografía
Adopta desde rapaz, como estilo de vida, a cultura hip hop e a música xamaicana, especialmente a que está feita en español, que nace a principios da década dos oitenta en Panamá, máis concretamente na cidade de Colón e que comeza a chegar a España unha década despois. Xa con catorce anos é habitual de multitude de jams de hip hop, en todo o territorio nacional, xunto a outros membros da Ozm Posse, onde desde o primeiro momento destaca o seu cru estilo “rap-ragga” e onde grava maquetas xunto con outros cantantes e produtores.
Este xa comezou a rimar coa crew OZM do barrio da Alameda de Osasuna en Madrid, onde xa era coñecido polo seu estilo de cantar. No 2001 edita de forma profesional o seu primeiro LP, titulado OZMLStayl. Este nome provén da unión do nome do seu crew coa palabra "Stayl" (referente ao estilo). Despois de tres anos, publica o seu segundo LP, Cosas que contarte cun son mais próximo ao reggae. A razón de tardar tanto tempo foi porque estaba buscando un selo discográfico que lle permitise traballar máis a gusto. Como non encontrou ningún decidiu crear o seu propio selo: Taifa. Mentres, estivo colaborando nos discos doutros artistas.
Música
As letras de Morodo falan dos seus pensamentos, inquedanzas, relacións co sexo oposto, a súa gana de festa e un sentimento rasta que está presente nos seus discos Ozmlstayl ou Cosas que contarte.
Discografía
Colaboracións
Véxase tamén
Ligazóns externas