Rubén Iván Martínez Andrade, máis coñecido como Rubén, nado en Coristanco o 22 de xuño de 1984, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no AEK Larnaca, da Primeira División de Chipre.
Fichou polo FC Barcelona procedente da SD Orillamar da Coruña. Rubén pasou por todas as categorías do club ata chegar ao primeiro equipo durante a tempada 2004-2005. Converteuse no terceiro porteiro, por detrás de Víctor Valdés e Albert Jorquera. Na súa primeira tempada no primeiro equipo xogou dous partidos de liga.
Na temporada 2007-08 foi cedido ao Rácing de Ferrol e na 2008-09 xogou no FC Cartagena, ambos da Segunda División B. Con este último conseguiu o ascenso a Segunda División, e tras un ano exitoso nesa categoría, en agosto de 2010 firmou polo Málaga CF da Primeira División Española.
O 3 de xullo de 2016 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña, cun contrato por dúas tempadas.[1] O 24 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa cesión cara ao club belga RSC Anderlecht, até o remate da tempada.[2]