Rodrigo García Varela, finado na Coruña o 3 de xaneiro de 1936,[1] foi un actor e director galego.
Traxectoria
Empregado de Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad. Actor e director de escena, foi membro da Coral Polifónica El Eco, da Agrupación Lírica Coruñesa, da que foi director artístico, e da Agrupación Artística Coruñesa Ofelia Nieto. Dirixiu a segunda temporada do Conservatorio Nazonal do Arte Galego (1920-1921).
Vida persoal
Casou con Josefa Albertino Losada en 1925,[2] e foi pai de María, Luis, Matías e Abisinia García Albertino.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 4-1-1936, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 10-3-1925, p. 6.