Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez, nado o 20 de xaneiro de 1956 en Montevideo, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba na posición de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia, sendo o xogador que máis veces vestiu a camisola nacional.
Traxectoria
Comezou a súa carreira en Cerro en 1971, sendo transferido a Nacional en 1976. No equipo do Parque Central Rodríguez xogou até 1984, obtendo o Campionato Uruguaio de Fútbol de 1977, 1980 e 1983, a Copa Liberadores 1980 e a Copa Intercontinental de 1980, consagrándose como un dos mellores porteiros da historia do equipo tricolor.
En 1984, Rodríguez foi vendido ao Santos do Brasil, club co que gañou o Campionato Paulista de 1984. Permaneceu no equipo de Pelé até 1987, converténdose nun dos grandes ídolos da afección. En 1986 foi convocado para xogar na súa selección o Mundial de México 1986, pero unha grave lesión na xira previa deixouno sen disputar o Mundial.
En 1987 Rodríguez pasa a xogar no fútbol europeo, máis precisamente no Sporting de Lisboa, club no que estivo até 1989. En 1990, Rodríguez retorna ao Brasil para xogar en Portuguesa, e en 1992 firma co Bahia, equipo co que gaña o Campionato Baiano en 1993 e no ano do seu retiro do fútbol, 1994.
Selección nacional
Coa selección celeste, gañou a Copa de Ouro en 1980, e a Copa América de 1983. Formou parte do cadro uruguaio que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1986, pero non puido xogar ningún partido, por estar lesionado. Rodolfo Rodríguez é o futbolista con máis presenzas na selección de fútbol do Uruguai ao disputar 78 encontros, recibindo 69 goles.
Participaciones en Copa América
Palmarés
Campionatos rexionais
Campionatos nacionais
Copas internacionais