Robert J. Grant naceu o 12 de novembro de 1862 en Springville, condado de Pictou, Nova Escocia,[1][2] fillo de Christy Grant e de Peter James Grant. Alí asistiu a diversas escolas públicas.[3]
Na súa Nova Escocia natal xa comezara a traballar nas minas de Stellarton[2], e a etapa máis longa da súa carreira profesional nos Estados Unidos desenvolveuse como enxeñeiro de minas. En 1892 alugou en Arizona a planta mineira de ouroGold Bug Mine e dous anos despois traballou nunha mina en Aspen, Colorado.[1][3]
Entre 1886 e 1889 foi adxunto á xerencia doutros establecementos mineiros, como a Portland Gold Mining Company, en Colorado, ou a W. S. Stratton Independent Mine. En 1904 fíxose cargo da xerencia da Cosmopolitan Mine,[1] unha compañía británica na que tivo como socio o que máis tarde sería presidente do país, Herbert Hoover.[3]
Fóra dos Estados Unidos, Grant formou parte de prospeccións mineiras en México[3] e en Suráfrica.[4]
A súa derradeira actividade no sector da minaría foi como enxeñeiro na Colorado Pure Lead Corporation, entre 1917 e 1921, en Colorado.[1][3]
Logo do seu labor á fronte da ceca pública estadounidense, Grant marchou á China, onde exerceu como asesor do Goberno daquel país en asuntos monetarios e da Casa da Moeda da China, e regresou aos Estados Unidos en 1941, por mor do seu delicado estado de saúde.[2][3][4][6]
En 1933 foi honrado cunha medalla emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, deseñada por John R. Sinnok.[1]
O 24 de novembro de 1949, Robert J. Grant finou en Pasadena, California,[1][2][3][7] no hospitalLas Encinas Sanitarium, como consecuencia da doenza que o aqueixaba desde 1942.[4]