Ricardo Barros Pintos, nado en Pontevedra cara a 1865 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1938[1], foi un xornalista e poeta galego.
Traxectoria
Funcionario do concello de Pontevedra, do que chegou a ser arquiveiro. Colaborou no semanario O Novo Galiciano e publicou os seus poemas en El Eco de Santiago, Lar Galicián, Suevia e Aires d'a Miña Terra da Arxentina e Cultura Gallega de Cuba. En 1888 apareceu como folletín en Crónica de Pontevedra un Vocabulario español de las voces más usuales da súa autoría. A súa obra poética aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
Finou como consecuencia de recibir un disparo accidental no edificio do concello de Pontevedra o 8 de xullo de 1938[2].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía