Ribadeva (en castelán: Ribadedeva) é un concello do Principado de Asturias. Atópase na costa do mar Cantábrico e limita ao oeste con Llanes, ao sur con El Valle Baju de Peñamellera e ao leste con Cantabria, da que está separada polo río Deva.
Está formado por tres parroquias: Colombres, Noriega e Villanueva, formadas polas localidades de Boquerizu, Noriega, Villanueva, Andines, Videl, Bustio, Colombres, El Peral, Pimiango, La Franca e Bojes. A capital do concello é Colombres.
En 2008 tiña 1875 habitantes.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!