Umana Reyer Venezia
|
|
Información xeral
|
Liga
|
LBA
|
Alcume
|
Reyer, Orogranata, Lagunari
|
Fundación
|
1872
|
Cores
|
Granate, ouro, branco
|
Presidente
|
Federico Casarin
|
Adestrador
|
Walter De Raffaele
|
Patrocinador
|
Umana
|
Localización
|
Cidade
|
Venecia, Italia
|
Pavillón
|
Palasport Taliercio
|
Capacidade
|
3 509
|
Inauguración
|
1978
|
Campionatos
|
Europe Cup
|
1 (2018)
|
Liga
|
4 (1942, 1943, 2017, 2019)
|
Copa
|
1 (2020)
|
reyer.it
|
O Reyer Venezia Mestre, actualmente coñecido como Umana Reyer Venezia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Venecia, Véneto. Fundado en 1872 como o club deportivo Società Sportiva Costantino Reyer, comezou a albergar un equipo de baloncesto en 1925. Os seus maiores éxitos son catro títulos de Liga, en 1942, 1943, 2017 e 2019, un de Copa, 2020, así como unha FIBA Europe Cup en 2017 e un subcampionato da Copa Korać en 1981. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.
Historia
A Società Sportiva Costantino Reyer foi fundada en Venecia no ano 1872 polo profesor de ximnasia Peter Gallo. Durante os seus primeiros anos adicouse a diferentes deportes como o boxeo e o fútbol. A primeira aparición do baloncesto na sociedade data de 1907. É na década de 1940 cando acandan o seu apoxeo, consiguindo gañar o título de liga en 1942 e 1943.[1] O equipo manténese na Serie A durante moitos anos, até chegar aos anos 1970 e 1980, nos que se converte nun equipo ascensor. En 1981 consegue un dos seus maiores éxitos chegando á final Copa Korać, onde é derrotado polo Joventut Badalona por 104−105. Nos anos 1990 o equipo chega a descender incluso até a terceira división, volvendo á segunda en 2008 e regresando á elite 2011. Tras asentarse na máxima categoría de novo, o equipo chega ás semifinais de liga nas temporadas 2014–15 e 2015–16. Na temporada 2016−17 conseguen gañar a FIBA Europe Cup e título de Liga, o cal volven gañar dúas temporadas despois. En 2020 conseguen o seu primeiro título de Copa.
Patrocinios
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Noalex Venezia (1966–1970)
- Splügen Venezia (1970–1973)
- Canon Venezia (1973–1980)
- Carrera Venezia (1980–1984)
- Giomo Venezia (1984–1987)
- Hitachi Venezia (1987–1990)
- Scaini Venezia (1991–1993)
- Acqua Lora Venezia (1993–1994)
- San Benedetto (1994–1995)
- Panto Venezia (1998–2001)
- Acqua Pia Antica Marcia (2005–2006)
- Umana Reyer Venezia (2006–presente)
Xogadores
Destacados
Palmarés
Europeo
Nacional
- Liga de Italia
- Campións (4): 1942, 1943, 2017, 2019
- Subcampións (1): 1946
Historial
Notas
- ↑ "La Storia della Reyer". Reyer.it. Archived from the original on 02 de xullo de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas