A Copa de baloncesto de Italia (en italiano: Coppa Italiana di Pallacanestro) é competición de copa do baloncesto profesional masculino en Italia. Ten carácter anual e compiten nela equipos da Lega Basket Serie A (LBA), a máxima categoría do baloncesto transalpino.
A primeira edición da Coppa Italia tivo lugar en 1968, sendo gañada polo Partenope Napoli. Entre 1975 e 1983, non se diputou o torneo, mais desde 1984 é celebrado con carácter anual. A fórmula da competición ten mudado ao longo dos anos. Nos anos 1990 o torneo consistía nunha rolda eliminatoria que finalizaba coa disputa dunha "final four". Desde o ano 2000 o torneo está composto polos oito primeiros clasificados na Liga ao final da primeira volta, os cales xogan eliminatorias a xogo único. Así, o torneo consiste en eliminatorias de cuartos de final, semifinais e final, as cales se xogan en tres días. O campión da Copa xoga ao ano seguinte co campión de Liga para conseguir a Supercopa.