Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Revelado.
O revelado en branco e negro consta de catro pasos, tanto en negativo coma en papel, revelador, baño de paro, fixador e lavado. Os líquidos teñen que estar a unha temperatura de 20 - 23º.
Revelado: o revelado produce unha imaxe de prata metálica negra a partir dos haluros de prata expostos. O tempo do revelado depende do tipo de negativo. O exceso de revelado aumenta o contraste do negativo/papel, mentres que a falta o diminúe (pode facerse para un resultado equivalente a usar película de diferente sensibilidade)
Baño de paro: este baño para a acción do revelador. O tempo é 1 minuto. En vez de usar baño de paro podemos botar un chorro de vinagre na auga, e deixámolo dous minutos no canto dun.
Fixador: este paso fixa a imaxe e axuda á protección do negativo. O tempo é de 5 - 6 minutos.
Lavado: é igual de importante que os demais procesos, co lavado eliminamos os restos das sales de prata do negativo.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!