O nome do reino é de orixe britana, se cadra de Deifr, que significa "augas", ou de Daru, que significa "carballo", en cuxo caso podería equivaler a "a xente do Derwent",unha derivación que tamén se atopa no nome latino de Malton, Derventio.[1]
Segundo Simeón de Durham estendíase desde o Humber ata o Tyne, pero a terra era mala ao norte do Tees. Despois de que o reino britano con centro en Eboracum, que pode que se chamase Ebrauc, fose tomado por Edwin, a cidade de Eboracum converteuse na súa capital e pasou a chamarse Eoforwic (o lugar do verrón) polos anglos. Antes disto é posíbel que a capital teña estado en Pocklington ou preto de alí.
O primeiro rei anglo de Deira do que temos constancia é Ælla, que floreceu a finais do século VI tras conquistar o reino aos britanos en 581. Á súa morte, Deira estivo sometida ao rei Æthelfrith de Bernicia, quen uniu ámbolos reinos no de Northumbria. Æthelfrith gobernou ata a ascensión do fillo de Ælla Edwin, en 616 ou 617, quen tamén gobernou os dous reinos ata 633.
Osric, o sobriño de Edwin, gobernou Deira tras Edwin, pero o seu fillo Oswine foi matado por Oswiu en 651. Por algúns anos Deira estivo gobernada por Æthelwald fillo de Oswald de Bernicia.
↑N. J. Higham, The Kingdom of Northumbria AD 350-1100, p. 81
↑Mackenzie, E. & Ross, M. (1834): An Historical, Topographical, and Descriptive View of the County Palatine of Durham. I. p. xi. Mackenzie and Dent. Newcastle upon Tyne. [1] acceso o 2008-07-23
Bibliografía
Geake, Helen & Joanthan Kenny (eds.) (2000). Early Deira: Archaeological studies of the East Riding in the fourth to ninth centuries AD. Oxford: Oxbow. ISBN 1-900188-90-2
Higham, N.J. (1993). The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton. ISBN 0-86299-730-5