Os receptores de esteroides de membrana (mSRs), tamén chamados receptores de esteroides extranucleares, son unha clase de receptores da superficie celular activados por esteroides endóxenos que funcionan como mediadores de sinalización celular rápida non xenómica por medio da modulación de fervenzas de sinalización intracelular.[1][2][3][4] Os receptores de esteroides de membrana son diferentes dos receptores de hormonas esteroides (SHRs) nucleares clásicos, que non se encontran na membrana senón no interior da célula. Estes receptores de membrana son outro xeito que teñen os esteroides de orixinar os seus efectos biolóxicos.[1][2][3][4] Os SHRs poden producir respostas xenómicas lentas, e os mSRs respostas non xenómicas rápidas.[5]
Algúns receptores nucleares (non de membrana) poden sufrir modificacións como a palmitoilación que crean unha áncora por medio da cal poden quedar fixados na membrana plasmática ou poden asociarse á proteína de membrana caveolina. Por esta razón, algúns receptores nucleares de esteroides poden aparecer tamén na membrana.[6]
Entre os grupos coñecidos de receptores de esteroides de membrana, segundo o seu ligando están os seguintes:[a]
Ademais, o PDIA3 é un receptor de membrana para o secosteroide calcitriol, a forma activada da vitamina D.[7]