Ramón Fernández Cobas, nado en Santiago de Compostela en 1901 e finado no mesmo concello o 6 de agosto de 1976,[1] foi un xornalista e empresario galego.
Traxectoria
Foi redactor de El Noticiero Gallego, redactor-correspondente en Santiago de Compostela de Galicia Sportiva de Vigo, fundou e dirixiu Galicia Sport en Compostela e foi correspondente de Madrid Sport. Asinaba moitas das súas crónicas deportivas como Conde las Marabillas. Colaborou en Gaceta de Galicia, El Compostelano e El Correo Gallego asinando ás veces como Ramón F. Cobas. Escribiu a comedia Rosalba que foi levada a escena en 1919 polo cadro de declamación Brisas Futuras. Foi colaborador da frustrada homenaxe a Ramón del Valle Inclán en 1935-36.
Vida persoal
Neto de Benito Fernández Cavollo, unha familia de Conxo. Casou en Santiago de Compostela con María del Carmen Refojo Pazos en outubro de 1924.[2]
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-8-1976, p. 31.
- ↑ El Progreso, 5-10-1924, p. 2.