Ramón Area Carracedo, nado en Ourense en 1969, é un médico psiquiatra e escritor galego.
Traxectoria
Ramón Area Carracedo estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Con posterioridade, fixo a especialidade de psiquiatría na cátedra do antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago, para traballar, máis tarde, no Hospital Calde de Lugo durante un longo período de tempo que o marcaría profundamente, tanto no profesional como no persoal.[1]
Actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela.[1]
Desde hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é o seu presidente.[1]
Publicacións
Psiquiátricas
Ramón Area ten escrito numerosos artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, sobre todo no Siso Saúde, unha publicación periódica editada pola Asociación Galega de Saude Mental.[1]
É autor, entre outros, de libros como:
Así mesmo, publicou moitos traballos en monografías colectivas, como:[1]
- La esquizofrenia hoy (1997)
- Temas psiquiátricos (2002)
- O saber holístico: Homenaxe ao profesor Rof Carballo (2005). Vigo: Editorial Galaxia
- Sobre la conciencia (2006). Vigo : Asociación Galega de Saúde Mental. ISBN 84-935033-3-9[5]
- Verbas de outono (2006)
- Verbas de outono (2007)
Novela
En decembro de 2015 presentou a súa primeira novela, Tempo de Pedra,[1] publicada por Editorial Canela. ISBN 978-84-6084-348-1. En 2020, publicou en Edicións Positivas, Camiño negro.[6]
Vida persoal
É fillo do escritor e profesor de filosofía Ramón Area Míguez e irmán do profesor de matemáticas e xestor da Universidade de Vigo, Iván Area.
Notas