Rafail Mykola Korsak (en ucraíno: Рафаїл Микола Корсак; en polaco: Rafał Mikołaj Korsak; en belaruso: Рафаіл Мікалай Корсак), nado arredor de 1599 preto de Navahrudak (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 28 de agosto de 1640, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1637 até a súa morte.
Traxectoria
Korsak naceu preto de Navahrudak nunha familia nobre calvinista. Estudou cos xesuítas en Niasviž e en Vilnius, e posteriormente no colexio pontificio de Braniewo e novamente cos xesuítas en Praga. Xunto a eles, converteuse ao catolicismo, entrando na Igrexa católica latina, e posteriormente, co apoio do metropolita Yosyf Rutskyi, pasou á Igrexa grecocatólica. En 1620 ingresou na Orde de San Basilio Magno, tomando o nome relixioso de "Rafail" e facendo o noviciado no mosteiro de Byten. Entre decembro de 1621 e novembro de 1624 estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e posteriormente foi elixido para servir como bispo no seu país.
En 1625 Korsak pasou a ser arquimandrita do mosteiro da Santa Trindade de Vilnius, e en 1626 protoarquimandrita da orde basiliana (cargo no que permaneceu até 1636) e en setembro do mesmo ano foi consagrado bispo coadxutor do metropolita Rutskyi con dereito de sucesión, sendo confirmado pola Santa Sé o 9 de marzo de 1631 malia as dúbidas iniciais do rei por mor da súa idade. En 1632 foi nomeado bispo de Pinsk.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Até o Gran Cisma | |
---|
Logo do Unión de Florencia | |
---|
Metropolitas de Kíiv e Galicia logo da Unión de Brest | |
---|
Metropolitas de Kíiv (1807 - 1838) | |
---|
Metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos Maiores de Kíiv-Galicia | |
---|