Rafael Lamas Doménech, nado en Madrid, é un director de orquestra, pianista e historiador español, de orixe galega.
Traxectoria
A súa familia é de Covas (Ferrol), onde pasa os veráns. Fixo estudos de música e piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e licenciouse en Filosofía pola UNED. Posteriormente fixo o mestrado en Siena, na súa Accademia Chigiana, e logo trasladouse a Nova York, onde se doutorou en Musicoloxía pola Universidade de Nova York cunha tese sobre Federico García Lorca e Manuel de Falla[1].
Na actualidade (2011), dá clase na Universidade de Granada e na Universidade Fordham de Nova York ao mesmo tempo, grazas a un convenio entre as dúas universidades que el mesmo dirixe. Os seus principais eidos de traballo son o nacionalismo español e a idea de Imperio.
Como músico chegou a ser o pianista titular do madrileño Teatro de la Zarzuela e deu concertos en Nova York, Os Ánxeles, Madrid, Roma ou Viena.
Obra
- Musica e identidad (Alianza Editorial, 2008).
Notas