O Racing Club de Lens é un club de fútbol francés da cidade de Lens. Foi fundado en 1906 e actualmente compite na Ligue 1 logo de ascender na tempada 2019−20.
Historia
En 1905 un grupo de mozos funda o Racing Club Lensois. En 1906 o equipo é fundado oficialmente cambiándose o nome polo de Racing Club de Lens.
O club desaparece por mor da primeira guerra mundial, pero en 1919 créase un club, a Union Sportive du Foyer Franco-Américain que servirá para a reaparición do equipo.
En 1924 o equipo elixiu as cores definitivas do uniforme. Elixiron as cores vermello e amarelo a consecuencia dunha bandeira española atopada na igrexa de Saint Leger.
En 1998 o equipo gaña a súa primeira e única Liga.
En 2008 o equipo descende á Ligue 2 logo de quedar no posto 18 da tempada 2007-08. Recuperou a categoría tras quedar campión en Líguea 2 da tempada 2008/09. Na tempada 2010-11 rematou 19º na Ligue 1 e descendeu de novo á Ligue 2.
- Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais amarelas e vermellas, pantalón negro e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Datos do club
- Tempadas en Ligue 1: 52
- Tempadas en Ligue 2: 12
- Mellor posto na liga: 1º (tempada 97-98)
- Peor posto na liga: 20º (tempada 88-89)
Xogadores
Cadro actual
Actualizado o 21 de agosto de 2020.[1]
Palmarés
Torneos nacionaIs
Torneos internacionais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas