O río Adda é un río de Italia, da rexión da Lombardía. O río nace no Val Alpisella (Stelvio) e percore 313 km de lonxitude até unirse ao río Po antes de chegar a Cremona.
É empregado moito para produción hidroeléctrica nos seus altos, e para rego na chaira lombarda.
Historicamente, serviu como punto estratéxico de defensa en guerras anteriores ao período romano.