Quinto Fabio Máximo Serviliano, orixinalmente Quintus Fabius Maximus Servilianus, foi cónsul (142 a. C.) e procónsul na provincia de Hispania Ulterior (141 e 140 a. C.) da República Romana.
No ano 140 a. C. Viriato derrotouno nunha batalla na que morreron 3.000 romanos, Serviliano conseguiu manter a vida ofrecendo garantías de autonomía para os lusitanos. Pero cando a nova chegou a Roma, o Senado considerouno humillante e declaráronlle a guerra aos lusitanos.