A tempada 2016–17 da Primeira División (por motivos de patrocinio LaLiga Santander) foi a 86ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezou o 19 de agosto de 2016 e rematou o 21 de maio de 2017. O campión foi o Real Madrid Club de Fútbol, despois de catro tempadas sen levantar o título.
A máxima categoría contou con dous representantes galegos por terceiro ano consecutivo: o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña.
Tomaron parte na competición vinte equipos. Rayo Vallecano, Getafe e Levante, descendidos a tempada anterior, foron substituídos por Alavés, Leganés e Osasuna.
Fonte: [Cómpre referencia]Regras de clasificación: 1) puntos; 2) puntos do cara a cara; 3) diferenza de goles do cara a cara; 4) goles marcados no cara a cara; 5) diferenza de goles; 6) número de goles marcados.(C) = Campión; (D) = Descendido; (P) = Promocionado; (E) = Eliminado; (O) = Campión do play-off; (A) = Avanza de rolda. Só aplicable mentres a tempada non está rematada: (Q) = Clasificado para o torneo indicado; (TQ) = Clasificado para o torneo, pero non aínda para a fase específica indicada; (DQ) = Descualificado do torneo. Cara a cara: usado cando o resultado do enfrontamento cara a cara é usado para clasificar os equipos empatados.