O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas é un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que busca a reflexión sobre distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o apoderamento das mulleres, entendido consonte á estratexia definida na IV Conferencia Mundial das Mulleres de Beijing nos seus tres niveis de transformación: o individual, o colectivo e a transformación social.[1] Comezaron no ano 2013 e teñen carácter anual. O seu precedente foi o Premio de Relatos Mulleres Progresistas (2007-2011) e, con anterioridade a este último, o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo (1997-2005).
Entre outras:[2]
Poden participar todas as mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante pode presentar un máximo de 3 microrrelatos que deben ir escritos en galego normativo. O tema é libre, pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, apoderamento etc.). Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato debe ter natureza narrativa e non de mera proclama. Os microrrelatos deben ter un máximo de 100 palabras (excluído o título). As obras deben ser orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico.
Premios outorgados nas súas distintas edicións:[3]