O Premio Cultura Galega de Música é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da música galega, dentro da comunidade ou no exterior."[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido a Mercedes Peón, este premio non ten dotación económica.