Praia das Rochas Brancas

Modelo:Xeografía físicaPraia das Rochas Brancas
Tipopraia
praia de area branca Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVilaselán, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°33′13″N 7°02′39″O / 43.553611, -7.044167
Características
Dimensións10 (ancho) × 44 (lonxitude) m

A praia de Rocas Brancas, ou das Rochas Brancas, é unha praia da parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo. Está situada na enseada formada pola desembocadura do río de Vilaselán no mar Cantábrico, moi preto da illa Pancha.

Características

Cunha lonxitude de 115 m e unha anchura media de 12 m, está protexida do vento polo cantil oriental da pequena península á beira do faro da illa Pancha. Secasí, a súa area branca e fina está bañada por ondas moderadas.

Non dispón de bandeira azul, equipo de salvamento, duchas nin opcións de hostalería. Existen papeleiras en diversos puntos dela para a recollida do lixo e sinalización do estado do mar. Hai lugares para aparcadoiro a menos de 500 m, o que fai que teña un grao de ocupación medio.

A situación global da praia é de carácter rústico e pode ser catalogada como virxe.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!