Praia da Frouxeira

Praia da Frouxeira
Praia da Frouxeira vista dende Meirás.
Posto de primeiros auxilios Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónValdoviño
Lonxitude3 km.
Grao de ocupaciónBaixa
Grao de urbanizaciónAlgún
Paseo marítimo
Características específicas
Tipo de praiaVirxe
Condicións do baño
Praia nudistaSi
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPeonil
Sinalización do acceso

A praia da Frouxeira é un areal situado no concello de Valdoviño que pecha o aceso ao mar da lagoa da Frouxeira, espazo ecolóxico protexido que é refuxio de cría de aves. Un paseo marítimo percorre parte da praia e da lagoa no lado de Valdoviño.

O areal e a súa lagoa forman un espazo ecolóxico virxe de area fina e branca cunha lonxitude de máis de tres quilómetros dende Valdoviño ata Meirás. No extremo de Valdoviño está o castro da Frouxeira. Preto del está a illa da Percebelleira. No extremo de Meirás está o faro de Meirás, sobre un penedo rochoso apreciado por pescadores e mariscadores.

A praia da Frouxeira ten bandeira azul aínda que o baño pode ser perigoso ao ser mar aberto. A zona vixiada para o baño é a máis preto de Valdoviño.

Imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!