O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.
As súas orixes datan do ano 1975. A primeira fase conta cunha extensión de 74 hectáreas, nas que están instaladas máis de 100 empresas que abarcan diversos campos como o transporte, metal, electricidade, téxtil ou alimentación. Na actualidade está construída unha segunda fase, ata ocupar unha extensión total duns 2.000.000 metros cadrados.
No polígono industrial están situados o parque de bombeiros e a delegación de Protección Civil. Ademais, ofrece servizos como o punto limpo e o Complexo Deportivo das Eiroas. No ano 2017 contaba xa con máis da metade da súa superficie ocupada.[1]