Alén da avaliación clínica, os pneumólogos tamén son quen de realizar exames espirométricos para avaliar a función respiratoria.
Polo xeral, considérase unha especialidade da medicina interna, aínda que se relaciona intimamente coa medicina intensiva polo feito de trataren aos doentes que precisan ventilación mecánica. A cirurxía da zona respiratoria é realizada polos cirurxiáns torácicos. Os médicos especialistas neste eido denomínanse pneumólogos.
Historia da pneumoloxía
Un dos primeiros descubrimentos importantes relevantes para o campo da pneumoloxía foi o descubrimento da circulación pulmonar. Orixinalmente, pensábase que o sangue que chegaba ao lado dereito do corazón pasaba a través de pequenos 'poros' no septo ao lado esquerdo para ser osixenado, como teorizou Galeno; porén, o descubrimento da circulación pulmonar desmente esta teoría, que xa fora aceptada desde o século II. O anatomista e fisiólogoIbn Al-Nafis do século XIII teorizou con precisión que non había un paso "directo" entre os dous lados (ventrículos) do corazón. Cría que o sangue debía pasar pola arteria pulmonar, polos pulmóns e de volta ao corazón para ser bombeado bombeado polo corpo. Moitos cren que esta é a primeira descrición científica da circulación pulmonar.[1]
Aínda que a medicina pulmonar só comezou a evolucionar como especialidade médica na década de 1950, William Welch e William Osler fundaron a organización matriz ou "nai" da Sociedade Torácica Americana (American Thoracic Society), a Asociación Nacional para o Estudo e a Prevención da Tuberculose.[2] En España, a Lei de especialidades de 1977 dividiu a especialidade de "pulmón e corazón" en cardiólogos e neumólogos.
O coidado, tratamento e estudo da tuberculose pulmonar é recoñecida ás veces como unha disciplina de seu.[3] Cando a especialidade comezou a evolucionar, fixéronse varios descubrimentos que vinculaban o sistema respiratorio e a medición de gases no sangue arterial, atraendo cada vez máis médicos e investigadores ao campo en desenvolvemento.[4]
↑[http: //www.hopkinsmedicine.org/pulmonary/about/history.html Historia da División] "Copia arquivada". Archived from the original on 11 de agosto de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2022.. Hopkinsmedicine.org. Consultado o 30-09-2011.