Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest é un filme de aventuras estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2006. É o segundo filme da saga de Piratas do Caribe, precedido por Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl e continuado por Pirates of the Caribbean: At World's End.
Sinopse
Will Turner (Orlando Bloom) e Elizabeth Swann (Keira Knightley) van casar, pero ambos son feitos prisioneiros por Lord Cutler Beckett (Tom Hollander) acusados de liberar o capitán Jack Sparrow (Johnny Depp). Para salvar a súa vida, Will terá que atopar a Jack e conseguir o seu misterioso compás de navegación, que agocha un gran poder e a clave dunha débeda de sangue co temible e sinistro Davy Jones (Bill Nighy), o lendario capitán do barco fantasma O holandés errante.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas