Philip William Poole Carlyon-Britton, nado en Bristol o 13 de outubro de 1863 e finado en Fishbourne, Sussex, o 26 de xuño de 1938, foi un numismático inglés.
Philip Carlyon-Britton naceu en Bristol, Gloucestershire, o 13 de outubro de 1863, fillo máis vello de Hannah Canter Poole e do empregado de banca Henry William Britton.[1][2]
Carlyon-Britton estudou Dereito e exerceu a profesión de avogado.[2]
Foi eilixido membro da Royal Numismatic Society, de Londres, en 1894.[3]
En 1904 formou parte do grupo de numismáticos que fundaron unha nova sociedade, a British Numismatic Society. Foi tamén o primeiro presidente desta institución, ata 1908, e posteriormente no período 1910-1914 e novamente en 1928.[4][5]
Carlyon-Britton foi tamén editor do xornal British Numismatic Journal, órgano de expresión da British numismatic Society, durante os seus dez primeiros números.[6]
Philip Carlyon-Britton foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1][7]
Philip Carlyon-Britton casou con Agnes Cassandra Carlyon o 8 de setembro de 1886,[1] na igrexa de San Xoán Evanxelista de Clifton, Gloucestershire. A parella tivo catro fillos.[2]
Faleceu aos 74 anos, o 26 de xuño de 1938, en Fishbourne, Sussex.[2]
Como coleccionista logrou reunir unha importante colección de moedas e outros obxectos de orixe celta, romano-británica e normanda, que foi vendida en poxas públicas entre 1900 e 1918.[6][7] Estes son os catálogos redactados para as devanditas poxas:
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Carlyon-Britton ao longo da súa historia:[9][10]