Petra Haden, nada en Nova York o 11 de outubro de 1971, é unha violinista estadounidense.
Traxectoria
Formou parte de numerosas bandas ao longo da súa carreira, nas que se inclúen The Decemberists ou The Rentals. Ademais, contribuíu en gravacións e actuacións de grupos como Weezer, Foo Fighters, Beck, Mike Watt, Green Day ou Jimmy Eat World.
É filla do baixista de jazz Charlie Haden, quen tivo máis fillos ademais de Petra: Rachel Haden e Tanya Haden (con quen Petra forma The Haden Triplets) e o baixista Josh Haden.
Petra Haden fixo unha versión do disco de The Who titulado The Who Sell Out a capella. Tamén editou o seu único traballo en solitario, chamado Imaginaryland, en 1999, xusto antes de ser atropelada nos Ánxeles polo que tivo que retirarse da interpretación durante sete meses.