Peter Forsskål, tamén coñecido como Pehr Forsskål, Peter Forskaol, Petrus Forskål ou Pehr Forsskåhl, nado o 11 de xaneiro de 1732 en Helsinqui e finado o 11 de xullo de 1763 no Iemen, foi un naturalista, explorador e orientalista sueco, un dos chamados dezasete apóstolos de Linneo.
Traxectoria
Estudou en Uppsala, onde foi alumno de Linneo, e despois na universidade de Gotinga, sendo alí alumno de Johann David Michaelis.
En 1760 únese á expedición danesa á península arábiga baixo a dirección de Carsten Niebuhr. No Iemen recolecta e describe unha serie de plantas e animais.
En 1767 Niebuhr regresa a Copenhaguen como único sobrevivente da expedición e publica os datos recolectados e unha recensión da campaña. Pertencen aos traballos de Forsskål, e aparece en 1775 como Descriptiones Animalium - Avium, amphiborum, insectorum, vermium quæ in itinere orientali observavit Petrus Forskål. O mesmo ano aparece un índice das plantas do Iemen e Exipto: Flora Ægyptiaco-Arabica sive descriptiones plantarum quas per Ægyptum Inferiorem et Arabiam felicem detexit, illustravit Petrus Forskål.
Taxons dedicados
- Xénero
- Especie
Abreviaturas
- A abreviatura Forssk. emprégase para indicar a Peter Forsskål como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
- A abreviatura Forsskål emprégase para indicar a Peter Forsskål como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Vesa Oittinen (2006): "Peter Forsskål - ein radikaler Aufklärer", en: Jahrbuch für finnisch-deutsche Literaturbeziehungen. pp. 25-34.
Outros artigos
Ligazóns externas