Peter Hawthorn Ashdown nado en Danbury, Essex o 16 de outubro de 1934,[1] é un expiloto de carreiras. Pilotou nun só Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula 1, competindo cun Cooper.
Antes da Fórmula Un, foi un dos líderes da escena británica, pero un accidente en Rouen-Les-Essarts en 1958, no que se rompeu a clavícula, dificultou considerablemente a súa carreira.[2] Continuou nas carreiras e competiu nun Cooper-Climax de Fórmula 2 substituíndo a Alan Brown no Gran Premio do Reino Unido de 1959 en Aintree. Terminou na 12ª posición, terceiro dos coches de F2 a seis voltas do gañador.[3] Logo pasou a pilotar un Lola Fórmula Júnior e moitos outros pequenos coches deportivos, gañando a súa clase nos 1000 km de Nürburgring en 1960 e 1962. Retirouse en 1962.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas