A península de Cabo York é unha península no norte de Queensland, Australia.
O cabo York (10°41′S 142°32′L / -10.683, -142.533) encóntrase no extremo da península e é o punto máis ao norte da Australia continental.
Foi nomeado así en 1770 por James Cook en honor a Edward, Duque de York e de Albany (1739-1767).
A punta da península está situada a uns 140 km ao sur de Nova Guinea, separándose entre dela polo estreito de Torres. A costa oeste bordea o golfo de Carpentaria, mentres que a costa leste, o mar de Coral.
A península de Cabo York ten unha superficie de aproximadamente 137.000 km² e a súa poboación rolda os 18.000 habitantes.
Véxase tamén