O estreito de Torres[1] separa Australia e Papúa-Nova Guinea. Mide aproximadamente 150 km de ancho. Ao sur atópase o Cabo York, o punto máis ao norte do estado australiano de Queensland. Ao norte encóntrase a provincia occidental de Papúa-Nova Guinea.
O primeiro en atravesar o estreito foi o mariño españolLuís Váez de Torres, lugartenente na expedición de Pedro Fernández de Quirós que partiu do Perú cara ao Pacífico Sur en 1605. Tras o regreso a México do barco de Quirós, Torres continuou cara a Manila, pasando polas Molucas. Navegou ao longo da costa sur de Nova Guinea, e probablemente chegou a ver o extremo norte de Australia.
Notas
↑Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN9788482887524.