Superávit ecolóxico nacional ou déficit, medido como biocapacidade do país por persoa (en hectáreas globais) menos a súa pegada ecolóxica por persoa (tamén en hectáreas globais). Datos de 2013.[1]
x ≤ -9 -9 < x ≤ -8 -8 < x ≤ -7 -7 < x ≤ -6 -6 < x ≤ -5
-5 < x ≤ -4 -4 < x ≤ -3 -3 < x ≤ -2 -2 < x ≤ -1 -1 < x < 0
0 ≤ x < 2 2 ≤ x < 4 4 ≤ x < 6 6 ≤ x < 8 8 ≤ x
A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu contorno expresado en número de hectáreas de ecosistemas produtivos. O obxectivo principal da pegada ecolóxica é o de avaliar o impacto que exerce sobre o planeta un determinado modo de vida e o seu consecuente grao de desenvolvemento sustentábel.
Introdución histórica
A mediados dos anos 80 debido ao evidente esgotamento da capacidade física do planeta para facer fronte ao excesivo consumo por parte dos seres humanos dos recursos e de medios, os científicos vense na obriga de calcular o impacto que estamos a realizar sobre o medio ambiente coas nosas actividades de consumo. O máis empregado e polo que máis se aposta é o da pegada ecolóxica, aínda que hai outros indicadores de sostibilidade.
O primeiro en formulala foi o economista e ecoloxistaMathis Wackernägel, quen observou os residuos xerados para o mantemento do modelo de produción e consumo da comunidade e o traduciu a hectáreas de terra bioloxicamente produtiva.
Unha das cousas curiosas que ten a pegada ecolóxica é que é dispoñible para unha escala moi ampla, desde o individuo ata o mundo enteiro.
Cálculo da pegada ecolóxica
Para calcular a pegada ecolóxica convén ter en conta os seguintes aspectos:
Para a produción de calquera produto precísanse enerxía e materiais, producidos ou non por sistemas ecolóxicos
Para a reabsorción dos residuos xerados durante a produción e o uso dos produtos finais, precisamos os sistemas ecolóxicos.
Debido a que ocupamos espazo con infraestruturas e demais áreas construídas, redúcese a superficie de ecosistemas produtivos.
O cálculo da pegada ecolóxica é complexo e trata de traducir a hectáreas de terreo o noso gasto enerxético e material. Para calcular esta superficie debemos ter en conta dous aspectos:
Tipos de terreo produtivos.
Tipoloxía de actividades vinculadas a este cálculo.
Tipos de terreo produtivos
Cultivos: superficies con actividade agrícola. Son as máis produtivas pero tamén as de maior produción de biomasa.
Mar produtivo: superficies mariñas nas que existe unha produción biolóxica mínima.
Terreo construído: áreas urbanizadas ou ocupadas por infraestruturas.
Área de absorción de CO2: superficies de bosque necesarias para a absorción de CO2.
Unha vez calculado isto, aplícase a cada produto específico. Isto significa calcular as hectáreas de terreo precisas de acordo co consumo medio por habitante dun produto determinado para o que se empregan os valores de produtividade:
Tipoloxía de actividades
Alimentación: superficies que se precisan para a produción de alimentos, incluíndo os custos enerxéticos asociados á dita produción.
Vivenda e servizos: terreos ocupados polos humanos e enerxía que consomen.
Mobilidade e transportes: superficies asociadas á comunicación e ao transporte.
Bens de consumo: superficies necesarias para a produción de bens de consumo.
A pegada ecolóxica e o desenvolvemento sustentábel
A pegada ecolóxica, como se vén dicindo dende o comezo, indica a repercusión dunha determinada actividade humana sobre o contorno. Polo tanto, presenta numerosas oportunidades en relación coa sostibilidade a pesar das limitacións que existen respecto da súa aplicación metodolóxica e da información que dela se obtén. Caben destacar:
Agregación e simplificación. agrupa a intensidade do impacto que unha determinada comunidade humana exerce sobre o contorno.
Visualización da dependencia ecolóxica: o progresivo proceso de urbanización dificulta a vinculación da poboación do consumo de bens e enerxía co impacto sobre os ecosistemas. A pegada ecolóxica permite establecer a área produtiva da que está facendo uso unha comunidade humana.
Visualización da desigualdade social: ao poder realizar o cálculo para diferentes comunidades humanas con estilos de vida diferenciados, permítenos visualizar a desigualdade na apropiación dos distintos medios.
Monitorización do consumo de recursos: posto que a pegada ecolóxica permite facer un seguimento do impacto dunha comunidade humana no medio, o seu cálculo pode servir como instrumento de sensibilización ambiental e de indicador cara ao desenvolvemento sustentábel.