Pazo de Cristal do Retiro

Pazo de Cristal do Retiro
Edificio
LocalizaciónMadrid, España
Coordenadas40°24′49″N 3°40′55″O / 40.413556, -3.682056
Uso(s)Sala de exposicións
Construción
Construción1887
Equipo
Arquitecto(s)Ricardo Velázquez Bosco
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.

Estrutura e contexto

Vista nocturna.

A súa estrutura é de metal, e está totalmente recuberto por pranchas de cristal, de onde vén o seu nome. Á súa beira atópase unha lagoa artificial, cunhas curiosas árbore no seu interior, o alcipreste dos illós (Taxodium distichum), que ten coma principal característica que parte do seu tronco e das súas raíces están mergulladas na auga.

Reaccións na época

Ademais da súa función na exposición, o pazo era, en parte, un intento de demostrar ao resto de Europa a grandeza de España. Construído por Ricardo Velázquez Bosco, en colaboración con Alberto de Palacio, inspirándose no Crystal Palace, construído en Londres en 1851 por Joseph Paxton. A grande impresión que debeu de causar na súa época queda reflectida nesta descrición, aparecida en O Globo, en 1887.

Detalle das vidreiras.
... É o Pazo de Cristal como unha catedral de vidro, de clásicas proporcións, sobre un outeiro de céspede. As súas paredes e muros son inmensas e transparentes vidrieiras sostidas por xónicas columnas de ferro, dispostas en tres naves sobre unha traza de forma de trevo e coroadas por unha inmensa cúpula, cuxa altura acada 22,60 metros, que cobre un magno pío destinado ás plantas acuáticas. Arredor, e nas naves laterais, de 14,61 m de elevación, van cobixarse as flexibles gramíneas e elevadas palmas características da flora tropical de Filipinas. A súa maxestosa portada, de gusto clásico e estilo grego, cae sobre unha terraza circundada por elegante balaústre, e mira ao lago, que se estende aos seus pés como un espello onde van mirarse os esveltos troncos, as verdes frondes e as pintadas corolas que garda o Pazo.

Usos

Actualmente, trala reparación de 1975, o Pazo ten o aspecto orixinal. Pero a súa función non volverá ser a mesma, pois só no 1992 inauguráronse en Madrid tres invernadoiros. Na actualidade realízanse exposicións temporais de arte contemporánea, formando parte das sedes expositivas do Museo Raíña Sofía.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!