Pavones é un barrio que ocupa a zona sueste do distrito de Moratalaz, na cidade de Madrid (España).
Os seus límites confórmanos as rúas Luis de Hoyos Sáinz, Laponia, a autoestrada M-40 e as avenidas do Mediterráneo (A-3) e Fonte Carrantona.
O barrio acolle a Xunta Municipal de Distrito de Moratalaz, o Polideportivo de Moratalaz e o principal templomormón de Europa, concluído por esta comunidade relixiosa o 15 de setembro de 1998.