Pau Cendrós López, nado o 1 de abril de 1987 en Palma (Illas Baleares), é un futbolista profesional español da canteira do Mallorca, que xoga como lateral no Club Deportivo Mirandés da Segunda División.
Traxectoria
Nado en Palma, capital das Illas Baleares, Cendrós formouse nas categorías inferiores do principal club das illas, o RCD Mallorca. Considerado como unha das perlas da canteira mallorquinista, era habitual a súa presenza nas convocatorias das categorías inferiores da selección española. Tras xogar algún partido co Real Club Deportivo Mallorca B na Segunda División B, a úa primeira experiencia profesional fóra das Baleares foi unha cesión no Benidorm CF da Segunda B, equipo co que chega a xogar a fase de ascenso a Segunda, sendo nomeado mellor lateral dereito do Grupo III.[1]
Na temporada 2008-09 foi cedido de novo, esta vez ao Club Deportivo Tenerife da Segunda División. Aínda que non contou moito para o equipo, o Tenerife conseguiría finalmente o ascenso á Primeira División tras sete anos de ausencia. Na celebración do ascenso levou el mesmo a presentación do xogadores, saíndo do club como un dos xogadores máis queridos polos seareiros. Na seguinte temporada foi cedido de novo, esta vez ao Levante Unión Deportiva, sendo un dos xogadores máis fundamentais do retorno do equipo valenciano a Primeira.[2]
En verano de 2010, o RCD Mallorca vese inmerso nun cambio de propietario e a chegada de Serra Ferrer ao club supón unha oportunidade para os canteiráns. O Mallorca recupera a Pau Cendrós ao finalizar a súa cesión ao Levante UD e coa chegada ao banco de Michael Laudrup o club decide que Cendrós ocupe praza no do primeiro equipo viaxando na pretemporada aos Países Baixos co equipo onde se afianza como titular. O 29 de agosto debuta en Primeira con 23 anos no partido inaugural ante o Real Madrid no Iberostar Estadi. Durante o partido defender de forma sobresaliente a Cristiano Ronaldo.[3]
Tras ser a referencia no lateral dereito do Mallorca, na temporada 2011-12 o Mallorca ficha para o seu posto a Chico e a Gianni Zuiverloon. Con todo, Cendrós segue a ser o xogador máis utilizado na posición, xogando finalmente 25 partidos de liga baixo o mando de Joaquín Caparrós. O seu club finalizaría finalmente na oitva posición. O 7 de agosto de 2012, Cendrós abandona o equipo e ficha polo K.A.A. Gent da Jupiler Pro League, máxima categoría do fútbol belga, que ese ano tamén disputaría a fase previa da UEFA Europa League. No seu primeiro ano sería un xogador importante no equipo de Gante, xogando un total de 22 encontros. Porén, non sería así na súa segunda temporada, onde tras xogar tan só 4 partidos decide marchar en xaneiro ao AD Alcorcón, onde se fai cun posto no 11.
Tras acabar a súa vinculación co equipo da Comunidade de Madrid, volve ao RCD Mallorca cun contrato por dous anos na Segunda División. É ese ano un dos xogadores que máis minutos disputa do equipo de Palma, aparecendo en 35 partidos e marcando dous goles. Porén, trala chegada de Albert Ferrer, que esixiu a fichaxe dun xogador da súa confianza a cambio de aceptar no equipo un porteiro alemán (nacionalidade do propietario do Mallorca), rescinde o seu contrato, asinando o 17 de agosto polo Club Deportivo Lugo da mesma categoría.
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas