Patrick Pierre Roger Baudry foi un astronauta francés que participou na misión STS-51-G como especialista de carga. Pasou un total de 7,07 días no espazo.
Baudry naceu o 6 de marzo de 1946 en Douala (Camerún). Ten un máster en enxeñería aeronáutica obtido na Escola do Aire da Academía da Forza Aérea Francesa e o grao de Tenente Coronel. Completou a súa formación como piloto en 1970 e sirveu como piloto de combate en varios países de África. Cursou estudos na Escola Imperial de Pilotos de Proba en Boscomb Down, Gran Bretaña, en 1978, e foi premiado co Trofeo Río Patuxent ao acabar o curso. Foi asignado ao Centro de Voos de Proba de Bretigny-sur-Orge, en Francia, en 1979.
En xuño de 1980 pasou a ser astronauta do CNES, adestrándose durante dous anos na Cidade das Estrelas, cerca de Moscova. Voou na misión STS-51-G, levada a cabo polo transbordador espacial Discovery, etnre o 17 e o 24 de xuño de 1985.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos