Un partido político europeo (formalmente partido político a escala europea), é un tipo de organización política transnacional que opera a nivel da Unión Europea.
De acordo coa regulamentación que deles fai o Regulamento (CE) 2004/2003, do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea [1], pódese tratar de dúas formas de organización e participación política enteiramente distintas, a saber:
Os seguintes partidos políticos europeos están recoñecidos pola Unión Europea:
Outras alianzas de partidos representadas no PE (non recoñecidas como partidos políticos europeos) son:
Á parte dos partidos europeos arriba indicados, que se basean nunha infraestrutura de partidos estatais/nacionais, tamén existen algunhas organizacións europeas estruturadas de xeito unicamente transnacional. Porén, de momento ningunha destas organizacións cumpre cos criterios para formaren un partido político europeo.